Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto

Asociación de Cangas do Morrazo creada no ano

Presidente: Antonio Nores Soliño

Secretario: Xoán C. Chillón Iglesias

Aldea de Arriba n.- 37 - Cangas

Teléfono(s): 986 301377 /// 600700747

E-mail: xchillon@edu.xunta.es

Email: xchillon@edu.xunta.es

 

Noticias desta asociación

Este xoves, día 21, a `A.C. Memoria Histórica 28 de agosto´ ofrece en Cangas unha nova proxección do documental `A derradeira lección do mestre´

Este xoves, día  21, a `A.C. Memoria Histórica 28 de agosto´  ofrece en Cangas unha nova proxección do documental `A derradeira lección do mestre´

A `A.C. Memoria Histórica 28 de agosto´ de Cangas ofrece ao público dúas actividades para os vindeiros días. Este xoves, día 21, proxectaráse o documental `A derradeira lección do mestre´, no Salón de Plenos do Concello de Cangas ás 20:30 horas; Nieves Oliveira será a encargada da presentación do acto, e a continuación celebraráse un coloquio co seu autor Xoán Carlos Garrido Couceiro.

Por outra banda, o venres 22 o colectivo celebra un acto simbólico en defensa da Memoria Histórica. Neste caso o encontro terá lugar no adro da Colexiata ás 21:00 horas. As iniciativas contan coa colaboración da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Cangas e da Consellería de Cultura e Deporte.

::`A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE´, de X.C. Garrido Couceiro::

Argumento

Na Estrada coincidiu o 18 de xullo coa presenza como Xuíz de Instrución do Partido Xudicial da Estrada, unha figura intelectual de grande relevancia que estaba integrado no florecente desenvolvemento cultural desta comarca, ligado aos centros de ensino e aos seus mestres. Como xuíz de instrución, Fermín Bouza Brey, tiña a obriga xurídica de perseguir calquera delito do que tivera coñecemento. Como intelectual comprometido tiña a obriga política de intervir a prol da causa que profesaba. Como veciño que gardaba grande amizade coas vítimas, tiña a necesidade moral de facer todo o que estivera na súa man para salvar aos que puidera, e para iso tiña que xogar dentro das regras do novo réxime e buscar apoios para estar en posición de actuar, e tecendo unha complexa estratexia que o levaría a ser acusado nalgún momento por todos os bandos de deslealdade.

Pola contra, os mestres, os seus amigos, tiñan unha marxe de manobra moito menor, estaban baixo sospeita pola súa profesión, e cada un desde a súa situación persoal e o seu compromiso político, respondeu como mellor considerou diante do desafío a súa dignidade e as súas conviccións.

Os mestres tiñan unha obriga por enriba de calquera outra que os limitaba para adaptarse ao novo contexto. Tiñan o deber de dar exemplo e de que legar ao futuro un modelo de conduta, unha esperanza no xénero humano, en definitiva, unha lección de dignidade.

Localización

A Estrada, Vigo, Vilagarcía, Cerdedo e Pontevedra.

21 de agosto de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez